• Sábado, 11 de mayo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Restauración

Santa Baia de Nantes, o estilo fabril vangardista do arquitecto De la Sota convertido en igrexa en Sanxenxo

No Nadal de 2020 estreouse a restaurada igrexa parroquial de Nantes despois dun investimento de preto de 170.000 euros.

O inmoble, incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, foi construído en 1964 co deseño do premiado arquitecto pontevedrés.

Audio

Sanxenxo

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 01 oct 2021

O premiado arquitecto pontevedrés Alejandro De la Sota trasladou o seu estilo racionalista de edificios industriais ao encargo do párroco de Nantes para construír a nova igrexa de Santa Baia. Del é o proxecto e dos veciños, a man de obra e o financiamento.

Os planos de De la Sota idearon unha igrexa de planta trapezoidal e non en forma de cruz, con entrada de luz cenital e os bancos colocados a modo de anfiteatro para fomentar a proximidade dos fieis ao altar. O proxecto orixinal, conservado pola dirección xeral de Patrimonio, incluía un claustro que finalmente non se executou.

Oficialmente a construción da nova igrexa finalizaron en 1964, aínda que previamente xa se celebraban actos litúrxicos. De feito, o actual párroco de Nantes, don Samuel, lembra con emoción que deu a súa primeira misa no ano 63 no templo deseñado por Alejandro De la Sota e que se bautizara no seu momento no templo antigo, de estilo románico.


ctv-ggd-img-20210924-wa0013

Don Samuel na súa primeira misa en Nantes. Foto: Arquivo familiar.


Templo románico previo

Don Samuel lamenta non ter conservado o antigo templo románico, feito que dificilmente se repetiría na actualidade coa conciencia social existente sobre a conservación de elementos históricos e a protección que garante a dirección xeral de Patrimonio.

Confíarmo o arquitecto encargado da restauración, José Antonio Sueiro: “Había un pequeno templo románico pero aparentemente estaba en estado ruinoso. Non conseguimos fotografías no seu momento, cando nos abocamos ao proxecto. Preguntamos a veciños e non chegamos a obter ningunha fotografía, non sabemos exactamente o grao de deterioro. Pero si se utilizaron partes dese templo (refírome ao chan do altar, por exemplo que está executado con restos -de pedra- do templo orixinario)”.

Audio

Imaxe da renovación da cuberta deseñada por Alejandro De la Sota ao estilo fabril. Foto: Concello de Sanxenxo.


En todo caso, a parroquia implicouse por completo na construción dunha igrexa desde cero. As ideas do movemento moderno do arquitecto Alejandro De la Sota víronse complementadas coas achegas populares da zona, como o emprego de perpiaños de granito nas fachadas e a tella curva na cuberta, xa que foron os propios veciños quen levantaron o templo. É máis, as misas comezaron a impartirse antes de estar rematada a igrexa e parroquianos de Nantes consultados por esta emisora lembran como de nenos saían da escola e ían á casa dun veciño para pintar os ferros dos respaldos dos bancos que ían compoñer as bancadas.

Cemiterio suevo

O interese polo patrimonio local é constatable ao escoitar ao párroco falar da historia de Nantes. Don Samuel investigou sobre a obra feita a mediados do século XX: “Apareceu debaixo un cemiterio suevo do que se conservan algúns restos que eu fun rescatando como puiden. Hai enterramentos suevos, que é unha peza de pedra e debían ser de xente importante porque a tapa é dobre, polo tanto eran de xente con certo poder adquisitivo. Non hai moitas mostras do que había, na casa parroquial temos tres sepulturas. Do templo vello, eu recuperei gárgolas, por exemplo, e poden verse alí”.

Restaurada por Patrimonio

Co paso dos anos, as humidades eran un dos principais problemas da igrexa de Santa Baia. Por parte da consellería de Cultura e Turismo buscouse manter e conservar a arquitectura orixinal cunhas obras de restauración consistentes en eliminar o amianto da cuberta, substituír a tella cerámica por outra nova así como cambiar as placas translúcidas por lucernarios. “É unha cuberta con estilo fabril, produto da experiencia de De la Sota na arquitectura industrial. É unha cuberta dentada (en dente de serra, por dicilo así), na cal un dos faldóns orientados ao sur é o que, a modo de lucernario, introduce a luz no interior, e o campanario asoma desde esa cuberta como un elemento singular. É dicir, é unha igrexa con moita sutileza no deseño”, relata o arquitecto que dirixiu a súa restauración, José Antonio Sueiro, do Estudio Jass.

A maiores, instaláronse canles de zinc na cuberta en lugar das orixinais de fibrocemento, impermeabilizáronse os forxados do campanario, recuperáronse os faldróns da cuberta do proxecto de Alejandro De la Sota, incorporouse celosía de lamas nos ocos do campanario e repararouse a súa estrutura de formigón. Así mesmo, realizarouse a drenaxe e impermeabilización do chan da capela lateral e executouse unha canle de recollida de auga de chuvia na súa entrada desde o cemiterio.

Campanario singular

En palabras de José Antonio Sueiro, o campanario “é un volume lateral que asoma da volumetría do que é a igrexa en si, é un elemento moi simple, cun teito a dúas augas. Aí houbo que introducir unha corrección na disposición das campás que non respectaba estritamente o proxecto de De la Sota. Tivemos que introducir unhas lamas moi sutís para impedir a entrada de auga de chuvia. Fixémolo tratando de interferir o menos posible na percepción do campanario. De feito, desde o camiño, que ten acceso, seguen a dividarse as campás perfectamente”.

É un expoñente da arquitectura racionalista”, describe o arquitecto encargado da restauración.

Además del campanario, en la iglesia de Santa Baia de Nantes también llama la atención que el acceso no se produce por la fachada sino por un lateral del edificio.

Todo detalle estaba medido por Alejandro De la Sota pensando en potenciar la funcionalidad en el acto litúrgico. Avanza moito en cuestións de acústica. É unha igrexa relativamente pequena pero con moi boa acústica, co que podemos dicir que é un expoñente da arquitectura racionalista”, describe o arquitecto Sueiro ao falar do proxecto orixinal.

Reinauguración en día sinalado

Aínda que a planificación marcaba que os traballos de restauración se prolongarían durante cinco meses, a pandemia foi un dos motivos polos que as obras se extenderon máis do previsto. Durante ese tempo, as misas da parroquia déronse na capela do Santo, preto da Vichona.

Despois do investimento da Xunta de Galicia de preto de 170.000 euros, a igrexa de Santa Baixa inaugurouse nunha data simbólica: o día de Nadal de 2020.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar