• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Xunta de Galicia

A directora xeral de FP felicita ao Centro Integrado As Mercedes pola súa recente incorporación á Rede de Excelencia Estatal

A directora xeral de FP felicita ao Centro Integrado As Mercedes pola súa recente incorporación á Rede de Excelencia Estatal

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 18:00

O centro lucense é o único en Galicia en impartir o ciclo de Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina, ademais do máster de FP en Aeronaves pilotadas de forma remota–Drons

A representante da Xunta visita tamén Norvento para explorar as posibilidades de colaboración en materia de FP Dual

Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA Lugo, 29 de novembro de 2022 A directora xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez, acompañada polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou esta mañá o Centro Integrado de FP As Mercedes para felicitar a este centro pola súa recente incorporación á Rede Estatal de Excelencia de Formación Profesional. A representante da Xunta de Galicia puxo en valor o crecemento das Mercedes, especialmente desde a súa transformación en Centro Integrado, que o fixo referente en familias profesionais como a de Enerxía e auga ou Transporte e mantemento de vehículos. De feito, nesta última, o lucense é o único centro de Galicia que imparte o ciclo de Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina, ademais do máster de FP en Aeronaves pilotadas de forma remota–Drons. Nesta aposta pola innovación no sector da aeronáutica inclúense iniciativas que xeran un valor engadido para a economía do territorio como drons impulsados por hidróxeno, fabricación de aeronaves non tripuladas con paneis solares, entre outras. A integración nesta rede, a proposta da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, suporá a posta en marcha de distintos plans e proxectos de actuación para avanzar na transformación tecnolóxica dixital e metodolóxica. Dos centros seleccionados (ademais das Mercedes, o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra e o Ánxel Casal da Coruña) valorouse o seu traballo e capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación e investigación aplicada así como do emprendemento activo no ámbito local e autonómico.Tras o seu percorrido polas Mercedes, a directora xeral visitou a empresa Norvento, onde explorou cos seus responsables as posibilidades de colaboración en materia de FP Dual ou formación en centros de traballo para o alumnado de centros formativos.


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar