COPE

Xunta de Galicia

A Xunta impulsa no Courel a divulgación dos oficios artesanais e a marca Artesanía de Galicia

A Xunta impulsa no Courel a divulgación dos oficios artesanais e a marca Artesanía de Galicia

Xunta de GaliciaXunta de Galicia

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 02:00

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebra en Folgoso ata o domingo 7 de agosto

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación organiza por segundo ano consecutivo este evento centrado na formación, divulgación e posta en valor dos oficios artesanais a través de diferentes obradoiros tanto para artesáns como para todos os públicos

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe o evento Artesanía de Galicia no Courel, impulsado pola Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación por segundo ano consecutivo e centrado na divulgación dos oficios artesanais. Durante a visita, Heredia destacou a importancia das demostracións de oficios e dos obradoiros abertos dirixidos a todos os públicos como unha das vías máis efectivas para achegarlle á sociedade os valores que implica a artesanía, a marca Artesanía de Galicia e os oficios artesanais.Desde o pasado mércores e ata o domingo día 7, desenvólvense en diferentes localizacións de Folgoso do Courel un total de 11 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como son a ourivería, o torno cerámico, o tecido, a restauración de mobles, a marquetería, a estampaxe, o bordado, a ilustración e a cestería. O evento conta coa colaboración do Concello de Folgoso do Courel e da Fundación Uxío Novoneyra. Os visitantes que se acheguen ata o Courel estes días poderán participar, sen necesidade de inscrición previa, nos obradoiros abertos para o público adulto e infantil programados no evento coma o de Iniciación ao torno cerámico, impartido polo ceramista Carlos San Claudio (Vigo) e o Obradoiro: Aprendendo a tecer a cargo dos artesáns María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo), que se celebran no Centro Sociocultural Fondo de Vila. Tamén están abertos ao público os obradoiros de Bordado sobre fotografía con Minia Banet, do obradoiro Variopinto (Santiago de Compostela), que se celebra no aloxamento rural A Carbiña, e os dous obradoiros que se celebran na Fundación Uxío Novoneyra: O debuxo. Unha ferramenta para todos coa ilustradora Iria Ribadomar, do obradoiro Deica! (Santiago de Compostela), e o de Cestería colaborativa impartido pola cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño). Entre os obradoiros para os que se requiría inscrición previa atópanse o de Iniciación á ourivería, impartido por Susi Gesto (Santiago de Compostela), e o de Restauración de mobles de madeira, a cargo de Sabela Fuentes e Xan Barcala do obradoiro A Factoría Atelier (O Grove), na antiga escola unitaria de Parada. No aloxamento rural A Carbiña celébranse os obradoiros de Estampaxe téxtil impartidos pola artesá e deseñadora Natalia Moreno (Baiona) e na Fundación Uxío Novoneyra os de Iniciación á marquetería, co artesán restaurador de instrumentos musicais e luthier Régis Floury (Baiona). Normal 0 21 false false false ES ZH–CN AR–SA


Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

La aplicación de COPE es el mejor canal para escuchar la radio en directo, pero es también un completo medio de información digital que cuenta las noticias cuando se están produciendo, que te alerta de lo que sucede mediante notificaciones en tu móvil. Continúa leyendo las últimas noticias de actualidad en nuestra página web para estar siempre informado de lo que está pasando

Etiquetas

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar