• Domingo, 19 de mayo 2024
  • ABC

COPE

A Igrexa ultima a edición actualizada do misal en galego

O arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto, visitou na Coruña a sede da Real Academia Galega

Audio

Crónica de la visita del Arzobispo de Santiago a la Real Academia Galega

Noela Bao

Redactora COPE A Coruña

A Coruña

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 19:11

A Igrexa ultima a edición actualizada do misal en galego, para renovar a publicación actual que data dos anos 80. Están dispoñibles nesta lingua tanto os leccionarios como os principais rituais dos Sacramentos.

Son cuestións que resaltou este luns o arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto, na súa primeira visita institucional á sede da Real Academia Galega da Coruña (RAG). O prelado coñeceu as instalacións provisionais situadas nunha nave de Pocomaco, onde se trasladaron os fondos da Academia mentres se está a reformar a sede da Rúa Tabernas.

O arcebispo de Santiago asina no Libro de Ouro da RAG

O arcebispo de Santiago asina no Libro de Ouro da RAG


Maior sensiblidade nas parroquias cara ao galego

Podemos ter libros editados pero fai falta ademais ter suficiente sensibilidade e compromiso”, advertiu Monseñor Prieto, ao tempo que avogou por “facer un esforzo como Igrexa para que a liturxia se normalice na vida das nosas comunidades parroquiais.” declarou. Por iso, afirmou que pulará por que “se abran camiños para que esa normalidade vaia chegando non nun horizonte afastado senón cotián”

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, incidiu na importancia normalizadora da liturxia. “O papel da igrexa é fundamental”, recoñeceu, “nestes tempos onde a lingua ten que enfrontarse á modernidade e ao uso en ámbitos moi diversos”.

A Real Academia Galega non é unha institución á que a Igrexa sea allea. De feito, entre os seus fundadores está un arcebispo, Manuel Lago González, ao que se dedicou o Día das Letras Galegas en 1973. El xa usaba o galego na misa a principios do século XX.


Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Reproducir
Directo Tiempo de Juego

Tiempo de Juego

Con Paco González, Manolo Lama y Juanma Castaño

Escuchar